KANELA DRINK naceu o primeiro de Decembro do ano 2012, despois dun parón de varios anos do anterior negocio familiar no mesmo local, o que fora punto de referencia comarcal e provincial na celebración de banquetes; o coñecido e recoñecido restaurante “Chao Real”, con casi tres décadas adicado a celebración de bodas,bautizos, comunións, convencións, comidas de empresa, etc.

KANELA DRINK é un establecemento de hostalaría que pertence a empresa Kanela Drink S.L., que se adica a xerencia e explotación hosteleira, así como servizos complementarios, sendo administrado e dirixido por Óscar Garriga, amante da gastronomía e do mundo do viño, e que conta con ampla experiencia hosteleira dende o seu nacemento, o que se soe decir; “un hosteleiro de toda a vida”.

Ven a coñecernos e desfrutar dun local que dende o seu nacemento tentou e conseguiu ser un punto de referencia hosteleiro na comarca, evolucionando e adaptándose os tempos que van transcorrendo, baixo os criterios de modernidade e esmerada atención e servizo ao cliente.