KANELA DRINK é unha cafetería moderna, composta de dúas salas independentes e dúas terrazas cubertas, nas que o cliente poderá encontrar tódolos servicios propios dun negocio deste tipo.

Dende as sete da mañá de tódolos días da semana, almorzos con bollería do día, torradas en Pan de Cea, zumes naturais, e a calidade do mellor café ecolóxico de Candelas, marca líder no mundo do café.

Pinchos gratuitos con cada consumición á hora do aperitivo de medio día, o igual que á tardiña, e para aqueles que cheguen con máis fame; bocadillos fríos e quentes, hamburguesas, táboas de embutidos e queixos, así como distintas tapas e racións, o longo de todo o día. A oferta gastronómica aumenta polas tardes coa posta en marcha da nosa gastroviñoteca, da que falamos noutro apartado desta web.

Para os amantes do viño dispomos dunha coidada selección cunha oferta de máis de cen marcas, e forte presencia das D.O. galegas, especialmente do Ribeiro, que tan preto temos.

Servicio de WIFI gratuito, bar autorizado Movistar + (para seguir todo o deporte a través das catro pantallas que se reparten por todo o local, destacando a salida do sonido polos altavoces de sala, así como a luz cinema, que permite disfrutar dos grandes partidos dunha maneira moi especial) e punto de venta de Loterías e Apostas do Estado, son outros dos servizos que prestamos aos nosos clientes.

Anímate a coñecernos, non te defraudaremos.