TREIXADURA, é outro dos servizos que brindamos ós nosos clientes, baixo o innegociable ánimo de tentar de ofertarlles sempre os máximos e mellores servizos posibles.

TREIXADURA nace como a nosa gastroviñoteca, ese espazo independente da cafetería, adicado especialmente o mundo do viño e da gastronomía, sustentada nunha oferta sencilla pero con productos e materia prima de primeira orde.

Conservas gourmet, embutidos ibéricos e de landras, queixos “Cortes de Muar”.  Tapas clásicas como mexillóns, luras, chipirons, puntilliñas, navallas, zamburiñas, polbo, pementos de Padrón … Tamén espazo para as carnes, a través das nosas hamburguesas de tenreira galega e de anguss, segredo de porco ibérico, ou solombo de tenreira. Ovos rotos con varios compañeiros de viaxe, e tamén tostas. De salmón ou bacallau afumado, anchoas sobre queixo cremoso, rulo de cabra con marmelada de pementos, ou de polbo á prancha.

Na nosa bodega poderás atopar viños de moitas das D.O. nacionais, así como viños de Francia e Portugal, concedéndolle gran protagonismo os viños galegos, sobre todo os do Ribeiro, debido á proximidade que nos ata. E moi difícil, por non decir imposible poder chegar a tódolos gustos e paladares no mundo do viño, pero a ben seguro que as máis de cen marcas da nosa oferta, satisfarán os desexos máis esixentes. Só nos queda animarte a que nos dés a oportunidade de demostrarche o dispostos que estamos a facer ben as cousas.